O arcebispo de Santiago, monseñor Xulián Barrio, visitou a Parroquia de San Xulián de Artes

11 Setembro 2022

Este sábado 10 de setembro o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Xulián Barrio, visitou a parroquia ribeirense de San Xulián de Artes, onde procedeu á confirmación dun grupo de mozos das fregresías.

Ao finalizar a cerimonia, o arcebispo bendixo a imaxe de Cristo Crucificado e tivo un encontro cos catequistas da parroquia.

A obra foi feita por Ricardo Davila Santos, o Cristo é de madeira de cedro, o Espirito Santo de xapeli, e os medallóns de San Xoaquín e Santa Ana, pai e nai da Virxe o lado do Cristo, foron bendicidos polo Arcebispo e tamen os sacerdotes que levaron Artes D. Aurelio e D. Gelasio, e mais o párroco de Artes D. Alfonso.

O acto contou coa intervención do coro de Corrubedo, e fixeron confirmacións mozos de Artes, Ribeira e Olveira. Asistiron o Alcalde de Ribeira e membros da corporación, representantes de asociacións, veciños e amigos. Durante o acto entregáronse agasallos a D. Aurelio e a D. Gelasio que lles foron entregados polo Arcebispo don Julián.

O final houbo un ágape no Centro Recreativo de Artes amenizado polo grupo de gaitas de Artes “Os Liantes” e entregóuselle tamén un agasallo a Ricardo Davila.

Outros artigos

Ribeira presenta un Maio Cultural cheo de propostas diversas

O Concello de Ribeira presentou o programa do Maio Cultural 2025, que organiza a Concellería de Cultura de Ribeira en colaboración coas áreas de Educación e Normalización Lingüística. Na cita cos medios estiveron presentes Antía Alberte, concelleira de Cultura e Cruz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...