O alcalde de Ribeira e os veciños de Aguiño reúnense para mellorar o proxecto da rúa Castelao

22 Setembro 2022

No transcurso dun encontro veciñal do goberno local mantido onte pola noite en Aguiño no que asistiron habitantes que firmaron en contra do sentido único na rúa Castelao, o alcalde Manuel Ruiz manifestou ante as mesmas a súa disposición a manter cantas reunións sexan oportunas coa veciñanza da localidade co obxecto de introducir melloras sobre o proxecto que se está executando.
Tales melloras deben respectar en calquera caso o contido do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ribeira aprobada de forma definitiva no mes de maio de 2022, cuxa proposta 2.2 di que “cando os anchos da vía non permitan a doble dirección, o aparcamento e unhas beirarúas accesibles, a prioridade de Concello será sempre a accesibilidade nas mesmas”.
Así mesmo, o Concello está obrigado a observar a lexislación vixente, que obriga a que o ancho dos itinerarios peonís sexa de 1,8 metros libres de obstáculos, salvo excepcións nas que permitiría un ancho de 1,5 metros (Orde TMA/851/2021 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana).
Resultando evidente que o ancho entre casas non dá para todo (dobre dirección, carril bici, beirarrúas accesibles e prazas de aparcamento), o Goberno do Concello considera que o prioritario e imprescindible é que se garanta o dereito das persoas a entrar e saír das súas vivendas.
A partir de aí, Concello e veciños poden abordar posibles melloras en aspectos como as paradas de autobús, o traxecto do carril bici ou facilitar que un vehículo de emerxencias poida operar sen que se teña
que obstaculizar o tráfico.
Cómpre lembrar que a obra en execución, cofinanciada con fondos europeos e que abarca unha lonxitude de máis de 1.700 metros na fronte de Aguiño, implementa outras melloras en aspectos como a
recollida de pluviais, ademais de crear un miradoiro no entorno da Tasca, remodelar a zona de entrada ao porto ou crear sendas pistas de calistenia e pumptrack en Transporto. Comporta un investimento de 918.623 euros.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...