Na Pobra a piques de concluír a mellora da entrada da rúa do Castelo

07 Setembro 2022

O tramo da rúa do Castelo na súa conexión coa AC-305 está sendo obxecto dunhas obras de
reparación que rematarán antes das festas do Nazareno, ao ser unha das vías pola cal discorre a procesión. A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), explica que os traballos consisten no corte do pavimento, na fresadura, no envío do sobrante a un vertedoiro autorizado, na extensión de formigón e na colocación de pedra similar á xa existente na contorna e tapas nos rexistros de recollida de pluviais.
A empresa que se atopa executando esta intervención é Fermín Simal SL por un importe de 8839’65 euros, IVE incluído, con cargo ás arcas municipais.
Pola súa parte, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), detalla que se trata dunha das primeiras actuacións ao abeiro do crédito de 300.000 euros aprobado no Pleno da corporación. Comezarán outras nas vindeiras semanas ata, cara á fin de ano, esgota-la partida prevista destinada a pavimentacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.