Esténdese máis aló do verán a campaña para reducir a interacción entre bañistas e navegantes

08 Setembro 2022

A Xunta de Galicia, vai manter máis alá do verán a campaña informativa X unha costa + segura, posta en marcha no período estival para minimizar a interacción entre bañistas e navegantes e reforzar a seguridade nas franxas litorais. Así o anunciaron esta mañá os representantes das entidades impulsoras da campaña: o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, ao facer balance do impacto da iniciativa nestes meses.

Os representantes do Executivo autonómico explicaron que “no marco desta acción divulgativa instaláronse 500 carteis informativos en diferentes puntos sensíbeis de interacción entre navegantes e bañistas como instalacións portuarias flotantes e instalacións de deportes náuticos, entre outras”. Estes carteis recollen as principais limitacións normativas para o acceso a praias, portos e zonas costeiras en condicións de seguridade.

Sada. A Coruña O delegado territorial da Xunta en Coruña, Gonzalo Trenor, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, visitan o porto de Sada para facer balance da campaña X unha costa + segura. 07/09/2022 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Ademais, co obxectivo de dar maior difusión a esta campaña, a Xunta remitiu toda esta información á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a todos os concellos costeiros galegos, así como ás federacións deportivas vinculadas coas prácticas náuticas, solicitando a súa colaboración na difusión das principais recomendacións para reforzar a seguridade.

Entre as principais limitacións que recolle a normativa, destaca a de navegar a unha velocidade dun máximo de 3 nós en todas as aproximacións á costa. Nos casos de tramos de costa non balizados como zona de baño, enténdese que esta ocupa unha franxa de mar contigua á costa dunha anchura de 200 metros nas praias e de 50 metros no resto da costa, polo que nesas zonas non se pode navegar a máis desa velocidade e extremando a seguridade.

Ademais, todas as embarcacións que accedan a praias desde o mar e viceversa deben facelo perpendicularmente e con esta mesma limitación de seguridade e ningunha poderá acceder ao interior dunha zona balizada, reservada exclusivamente para bañistas. Finalmente, nas zonas portuarias a velocidade máxima é tamén de 3 nós e non está permitido o baño nin o acceso a ningún equipamento.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.