Centos de persoas participaron na procesión en honra de Santa Uxía polas rúas de Ribeira

12 Setembro 2022

A choiva anunciada para hoxe luns polos partes meteorolóxicos ofreceu unha tregua que permitiu que a Procesión na Honra de Santa Uxía, patroa da cidade, poidera saír ás rúas de Ribeira despois de oficiarse a misa solemne: cerimonia que finalmente se celebrou no interior do templo parroquial e non no adro como estaba inicialmente programado.
Entre as autoridades presentes figuraban o alcalde e outros representantes da Corporación Local, os patróns maiores de Ribeira e Aguiño, o comisario xefe da Policía Nacional, o xefe da Policía Local,
membros do EVA-10 ou os presidentes da Asociación de Empresarios e da Asociación de Amas de Casa. Contou co acompañamento musical da Banda de Música de Lousame.

A Eucaristía estivo presidida polo párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera, acompañado por unha ducia de sacerdotes da comarca cantou o Coro Sacro de Ribeira, dirixido por Tucho. Despois da procesión celebrouse un ágape no que participaron ducias de veciños no adro da Igrexa parroquial.

Cambios pola tarde
Onde se están a experimentar cambios polo mal tempo son nas últimas actividades das festas patronais. Así, os inchables que ían ter lugar de cinco a oito da tarde na praza do Concello cambian á carpa
do Malecón, mentres que o espectáculo de maxia Galicia Ilusiona coa maga Lore Lavand pasa dende a Porta do Sol ata o Auditorio Municipal. Principiará ás oito e media da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.