A comarca contará con 6 novos médicos de atención primaria

19 Setembro 2022
Centro Saúde Palmeira

Os novos médicos conforman a nova categoría creda polo SERGAS e que accederon á praza a través do concurso de méritos. En Galicia serán 106 , na área sanitaria de Santiago 16 e na comarca do Barbanza 6.

A Consellería de sanidade asegurou que os novoss médicos incorporaranse antes de que remate o mes de setembro. As prazas que ocuparán os novos titulados son as denominadas de difícil cobertura xa que nin nas oposicións ordinarias nin nos concursos de traslados logran cubrirse.

Os centros de saúde que se reforzarán son A Pobra, Boiro, Rianxo(2), Ribeira e Ribeira-Palmeira-Corrubedo.

As novas incorporacións deberán realizar unha media de dúas gardas o mes nos puntos de atención continuada, ademais da súa xornada habitual nos centros de saúde.

Centro de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.