Preto de 40 unidades afrontan este sábado a subida ao Carrumeiro no Trofeo Pitusa Sabín

19 Agosto 2022

Juan Caballero.- O Real Club Náutico de Portosín tivo que pendurar o cartel de completo no referente á participación no Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de Finisterre. Fíxoo unha mariña deportiva a rebordar que, entre os barcos da súa masa social, os tránsitos e as case corenta embarcacións do Mar de Finisterre fai encaixe de palillos para acomodar nos seus pantaláns ao gran número de embarcacións que estes días poboan as súas instalacións, cunha mariñeiría a pleno rendemento e vivindo unha das súas mellores tempadas.

O veleiro Camping Ría de Arousa

O aliciente de ser, por segundo ano consecutivo, proba que puntúa para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia, fai do Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de Finisterre unha regata atractiva que navega entre o Trofeo Infanta Elena do Real Club Náutico da Coruña e o Trofeo Príncipe de Asturias, do Monte Real Club de Iates de Baiona, co engadido de ser tamén puntuábel tamén, de maneira conxunta co Real Club de Mar de Aguete, para o Campionato de España de Cruceiros e para a Copa de Galicia de Clubs que organiza a Real Federación Galega de Vela.

A primeira proba dispútase este sábado, cun trazado costeiro de 40 millas náuticas, un 74 quilómetros entre Portosín e a enseada de Fisterra, de ida e volta, facendo paso intermedio polo Faro do Carrumeiro Novo, moi próximo á boca de entrada da ría de Corcubión. Os máis pequenos realizarán un percorrido polo interior da ría dunhas 10 millas, un 18 quilómetros, sendo a súa metade de percorrido unha boia fondeada nas inmediacións da praia de Arnela.

A este cita co Trofeo Presidente chega líder o Mirfak, patroneado por Diego López, da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, da Armada Española, do mesmo xeito que en 2021.

Outros barcos que se suman ao Trofeo Pitusa Sabín son o Siradella, de Fernando Gude e César Álvarez, do Real de Portosín; o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Náutico Cabanas; o Raygras III, de Tom Núñez, do Club Marítimo Carrumeiro; o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte; o Ronáutica Marinas, de Jorge Carneiro, do Club Náutico San Telmo; o Orión, de Javier Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona; ou o Kanala, de Ignacio Ecenarro, de Portosín, entre moitos outros que representan os intereses de máis dunha decena de entidades náuticas e deportivas de Galicia.

O top de saída, en ambas as xornadas da fin de semana, está programado ás 12.00 horas do mediodía.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

Son devoto dos Magos, malia que non me prestaron atención ata que fun maior. Este día cinco estiven á súa beira en Begonte e en Lugo, confortado por unha información radiofónica que xustificaba que puidesen estar á vez en milleiros de lugares de todo o mundo. Xa que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.