Os corpos de seguridade lembran a prohibición da acampada libre e o emprego de lume en San Ramón

25 Agosto 2022

Un decreto da Xunta de Galicia para a ordenación dos campamentos de turismo non permite a acampada libre fora dos campamentos turísticos autorizados pola administración autonómica.

Boiro acolle entre os días 30 de agosto e 4 de setembro os festexos de San Ramón de Bealo. Os festexos celébranse na contorna da capela de San Ramón, en terreos forestais de titularidade privada, nos que, segundo establece a normativa vixente, non se permite e acampada libre nin o uso de lume.
O Concello de Boiro celebrou esta semana unha xunta de seguridade para avaliar as medidas que se van levar a cabo para un bo desenvolvemento dos festexos, na que as forzas e corpos de seguridade alertaron das prohibicións establecidas pola lexislación vixente e que serán sancionadas. A regulación deste tipo de medidas é competencia da Xunta de Galicia.
Neste senso, lémbrase que segundo o artigo 1.4 do decreto 159/2019 do 21 de novembro da Xunta de Galicia, a acampada ao aire libre non está permitida fora dos campamentos de turismo autorizados pola Administración turística de Galicia.
Do mesmo xeito, e atendendo á situación de risco alto de incendios forestais e segundo o establecido no artigo 36.1 da Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, non está permitido realizar fogueiras de recreo ou ocio para a preparación de alimentos, así como empregar equipamentos de queima e combustión destinados á iluminación ou elaboración de alimentos.
As forzas e corpos de seguridade alertaron durante a Xunta de Seguridade, da importancia da cidadanía de cumprir con estas medidas e da interposición de sancións no caso de incumprimento. O Concello de Boiro non toma parte nas decisións particulares nin tampouco nas actuacións dos forzas e corpos de seguridade de ámbito autonómico e nacional.
O Concello de Boiro colabora con recursos económicos e persoais para a realización dos festexos e que estes se desenvolvan sen incidencias. Rógase a colaboración de todos e todas para que as celebracións de San Ramón de Bealo transcorran da mellor forma posible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.