Ofertas para as obras dende a Eirexa de Oleiros a Gándara e no camiño de Meiladín

31 Agosto 2022


Eirexa- Gándara

O Concello de Ribeira informa de que a mesa de contratación procedeu á apertura das ofertas correspondentes a unha dobre actuación consistente na mellora do firme no camiño da Eirexa a Gándara e no camiño de Meiladín, que están situados nas parroquias de Oleiros e Olveira, respectivamente.
De dita apertura despréndese que o primeiro dos lotes (camiño da Eirexa a Gándara) suscitou un total de seis ofertas, en tanto que no lote número dous (camiño de Meiladín) foron cinco as ofertas presentadas.
Esta actuación está orzamentada en 67.056,22 euros e conta cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a
Parcelas Agrícolas 2022-2023.
No que camiño da Eirexa a Gándara, de 660 metros de lonxitude, ten un firme de aglomerado asfáltico deteriorado. As obras de mellora previstas contemplan o desbroce e limpeza da vexetación, a
aplicación dunha subbase de zahorra, a regularización do camiño con aglomerado en quente nas zonas de baches e desconchados, e a extensión dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco
centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho do vial.
No que se refire ao camiño de Meiladín, de 445 metros de longo e feito de aglomerado asfáltico o seu estado de conservación tamén é defectuosa. As obras de mellora prevén o desbroce e limpeza da
vexetación, a preparación das marxes do camiño, a regularización do mesmo botando aglomerado en quente nas zonas de baches e desconchados, a aplicación dunha subbase de zahorra nas marxes e
a extensión dunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho do vial.

Meiladín

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...