O PSOE de Ribeira pregunta ao Concello polos traballos realizados nunha parcela de Xarás

08 Agosto 2022

O Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE, a través do seu voceiro-concelleiro José Manuel Vilas, presentou ao pleno da Corporación unha pregunta sobre unha parcela de Xarás na que se están a realizar traballos de recheo e nivelación, que, segundo indican, “sobrepasa ao noso entender a
altura permitida no solo rústico de protección forestal; alterando o perfil natural solo, e posiblemente tamén dos acuíferos do río das Bouciñas”.

O PSOE tamén di ter coñecemento doutros dous movementos de terras no lugar de Laxes-Pedra da Sombra, así como no Gouchal-Vixán, en Carreira.

En base a todo isto, os socialistas lanzan as seguintes preguntas:

-Que se pretende facer en ditas parcelas, e por que se está alterando a topografía natural do terreo, e entorno fluvial (especialmente no Gouchal)?

– Que por parte de quen corresponda, delegación de medio ambiente, urbanismo, ou alcaldía, se informe do motivo destas actuacións en solo rústico?

– Teñen o permiso pertinente para realizar estas accións?

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...