O PSOE de Ribeira pide ao Goberno local que conteste “en tempo e forma” as preguntas dos grupos da Corporación e da veciñanza

23 Agosto 2022

O PSOE de Ribeira compartiu os detalles dunha pregunta realizada ao equipo de Goberno sobre a comunicación existente entre os veciños e as entidades veciñais e os grupos políticos da Corporación, por unha banda, e o Concello, pola outra. Segundo informan os socialistas, esta comunicación ten problemas que cómpre solucionar. Estas eivas, indican, maniféstanse “en irregularidades e falta de contestación a rogos e preguntas formuladas dilixentemente por cidadáns con inquietudes e/ou problemas susceptíbeis de reparación ou mellora de instalacións, incomunicacións a entidades locais, incumprimentos urbanísticos, policía, etc”.

Na pregunta, o grupo lembra que “durante os últimos tempos presentáronse por parte tanto dos grupos municipais como de cidadáns particulares, diferentes preguntas acerca de deficiencias nos servizos ou situacións anómalas”.

As irregularidades, argumenta, “rexístranse malia ter sido aprobado en pleno de outubro de 2021, cos votos a favor de todos os grupos municipais, a excepción do PP, que votou en contra, un acordo para dar cumprimento dos acordos plenarios e dar resposta por escrito e nun prazo razoábel ás preguntas presentadas ao pleno, este acordo continua sen cumprirse”.

O grupo socialista considera que “o Partido Popular, como único integrante do equipo de Goberno, ten a obriga de cumprir os acordos plenarios en xeral e este acordo de contestar as preguntas que lle son formuladas en particular”.

A agrupación lembra tamén “que neste apartado incluímos as preguntas e queixas realizadas polos veciños a titulo particular cando estas sexan realizadas seguindo as canles legais e presentadas por escrito a través do Rexistro, porén estas preguntas dos veciños tampouco son contestadas creando

entre a cidadanía a sensación de abandono cando non de ninguneo por parte da Administración, que debe solucionar os seus problemas ou, polo menos, contestar con argumentos que xustifiquen as súas accións ou a falta delas”.

Por todo iso, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE realiza a seguinte pregunta: “Cando vai o equipo de Goberno do Partido Popular a cumprir coa obriga contraída en pleno de contestar en tempo e forma as preguntas realizadas tanto polo resto de grupos da Corporación como dos veciños?”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.