O BNG esixe ao Goberno respectar o regulamento galego relativo ás nasas caladas no mar

31 Agosto 2022

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas na Cámara Baixa para coñecer o estado actual da normativa que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e que vai a afectar ao regulamento das nasas no mar. Rego demanda “a rectificación inmediata” da proposta do Executivo estatal por “invadir competencias titularidade da Xunta da Galiza” e “ante a preocupación do sector pesqueiro galego pola prohibición de deixar as nasas caladas no mar”. A organización volveu salientar a necesidade de que se transfiran a totalidade das competencias en materia de costas á Administración galega, tal e como vén de aprobar o Consello de Ministro para o Goberno canario.

A respecto do devandito, o BNG explica que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación pretende estabelecer a prohibición de deixar caladas no mar as nasas e outras artes de pesca no Real Decreto polo que se regulará a pesca en caladoiros estatais. Os nacionalistas, facéndose eco da inquietude das confrarías, sinala que a normativa “podería pretender que os pescadores retiren do mar as nasas que utilizan na campaña de captura do polbo durante dous días cada semana”.

E engaden: “A pretensión do Ministerio supón unha flagrante intromisión nas competencias da Xunta da Galiza que é a que exerce as responsabilidades en materia de marisqueo e acuicultura”. En palabras do deputado do BNG, “as competencias en augas interiores pertencen ao Goberno autonómico que, na súa lexislación, permite deixar as nasas no mar o tempo que duran as campañas”. O BNG tamén destaca que existe “un compoñente de prevención de riscos na normativa galega ao permitir deixalas caladas no mar, debido a que nas lanchas aumentan o seu peso e en días de mal tempo contribúen á inestabilidade das barcas”. Por iso é “polo que se autoriza a deixalas caladas toda a semana” xustifica Rego.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.