Concentración parcelaria do monte en Dodro

02 Agosto 2022

No día de onte, 1 de agosto de 2022, no Salón de Plenos do Concello de Dodro, tivo lugar a
reunión do pleno da Xunta Local da zona de Concentración Parcelaria de Dodro-Laíño II
correspondente ao monte das parroquias de Santa María de Dodro e San Xoán de Laíño, co
obxecto de informar o acordo de reestruturación parcelaria, acto que presidiu o xefe
territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, coa asistencia de propietarios membros da
xunta local, técnicos da consellería, persoal da empresa adxudicataria e o alcalde de Dodro.
Datos resumo do Acordo:

No propietarios totais 1.019
Superficie total a concentrar (en ha) 454
Datos comparativos da concentración: ANTES DESPOIS
No total parcelas/fincas 8.973 1.378
No medio parcelas/fincas por propietario 8,81 1,35
Superficie media das parcelas/fincas 5-06 32-26

A data de reunión cos propietarios e a exposición dos planos para a súa revisión será o
vindeiro 19 de agosto de 2022. Asemade, prevese para o mes de decembro a colocación dos
correspondentes marcos de delimitación das parcelas.
Con este acordo retómase un proceso paralizado polas decisións adoptadas polo anterior
goberno municipal que motivaron a exclusión, ou no seu caso a inclusión, de determinadas
parcelas afectadas polo polígono industrial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...