Ambar organiza unhas Xornadas sobre Información Xurídica

30 Agosto 2022

A Sala Carballeira do centro de recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional foi este 30 de agosto o escenario dunhas Xornadas de Información Xurídica financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Pablo Ferreirós, especialista en materia xurídica, foi quen levou a cabo esta sesión divulgativa, na que explicou as últimas modificacións introducidas pola Lei 8/2021, de 2 de xuño (pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica), poñendo o foco nas modificacións que esta lei supón no eido da capacidade de obrar e a figura de titor/curador legal.

Estas xornadas estiveron dirixidas a mulleres con diversidade funcional e a familias que tiveran persoas con diversidade funcional ao seu cargo, de toda a comarca do Barbanza, na procura de mitigar o descoñecemento ao respecto dos cambios da nova lei, e promovendo o acceso á unha información á que moitas mulleres en situación de especial vulnerabilidade poden ter dificultades de chegar.

Acudiron a esta xornadas 29 persoas: un grupo formado por familiares, persoas usuarias e profesionais do centro. Entre os asistentes estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral; Rosana Olveira, coordinadora dos servizos de atención diúrna; Alicia Romero, secretaria da Asociación Ambar e Zeltia Iglesias, técnica de inclusión do centro.

As persoas profesionais inscritas nas xornadas tiveron oportunidade de actualizar as súas competencias nesta materia para deste xeito poder mellorar a súa atención individualizada ás persoas usuarias e familias.

A información foi adaptada para a súa mellor compresión e accesibilidade, solucionando aquelas dúbidas que xurdiron acerca das novidades expostas neste tipo de trámites, así como outros aspectos que as mulleres usuarias e as súas familias necesitasen co obxectivo de incidir na mellora do exercicio dos seus dereitos e, tamén, permitíndolles exercer as súas obrigas xurídicas con pleno coñecemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.