A rapazada dos campamentos municipais de Ribeira visita a mostra de Antonio Pérez

10 Agosto 2022

O centenar de nenos e nenas asistentes aos campamentos municipais de conciliación Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer están a visitar estes días a exposición Ribeira, mulleres, homes e peixes, de Antonio Pérez, inaugurada o venres pasado no Centro Cultural Lustres Rivas.

O alumnado achégase a estas dependencias distribuído en dous grupos, dos cales o dos máis pequenos fixeron a visita no día deste martes 10 de agosto en tanto que os máis maiores farano este mércores 11.

A técnica do Concello Alicia Padín foi a encargada de guialos polo contido, integrado por medio cento de cadros de temática mariñeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.