Sae a exposición pública o regulamento da Mesa de Mobilidade de Ribeira

06 Xullo 2022

Tal e como sae anunciado no BOP deste 6 de xullo sométese a exposición pública a aprobación do regulamento de funcionamento da nova Mesa de Mobilidade de Ribeira, que vén substituír á anterior mesa de peonalización ampliando os seus membros e obxectivos. De acordo co seu texto inicial, o carácter deste órgano de participación é “informativo e consultivo”, tendo como función principal a de “asesorar ao Concello no concernente ao deseño das súas políticas de mobilidade”. Amais, unha das súas funcións principais é a de facilitar a información necesaria aos seus integrantes que permita ter o maior coñecemento posíbel sobre a mobilidade, e fomentar a deliberación como paso previo ao debate.

A Mesa da Mobilidade está formada polo plenario e polas comisións de traballo que se consideren. O plenario é o órgano motor da Mesa da Mobilidade, que procura o seu funcionamento: é o espazo onde se poñen en común os resultados da actividade das diferentes comisións de traballo (conclusións, propostas, etc.) para o seu debate e, se cadra, a súa aprobación. Estará formado polos seguintes integrantes permanentes:

• Presidente: alcalde/sa.

• Vicepresidente: concelleiro/a de Medio Ambiente, tráfico ou persoa na que delegue.

• Secretario: secretario/a do Concello ou técnico/a de administración xeral no que delegue.

• Concelleiros/as de Infraestruturas, Urbanismo, Educación, tráfico e Protección civil, Promoción e dinamización económica

• Técnicos/as municipais ligados a cada unha destas áreas ou concellerías.

• Policía Local.

• Un/a concelleiro/a ou representante de cada un dos grupos políticos da Corporación.

• Un/a representante das asociación de veciños.

• Presidente/a da Asociación de Empresarios e Comerciantes.

• Un/a representante dos sindicatos.

• Presidente/a Asociación de Taxi.

• Empresas de transporte suburbano, interurbano e escolar con presenza na cidade.

• Concesionario do guindastre.

• Representante de aparcamentos públicos se houbese.

• Asociacións de persoas maiores.

• As Asociacións de PMRs do concello (Persoas con Mobilidade Reducida).

• Un/a representante de peñas ou clubs cicloturistas.

• No seu caso, expertos asesores en mobilidade urbana. Colexios Profesionais de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, e Arquitectura, e outros que a Corporación estime pertinente.

• Para o caso das asociacións, colectivos e colexios profesionais, a representación na Mesa estará confiada a un titular por cada colectivo e a un substituto ante a ausencia de aquel. As reunións do plenario serán presididas polo/a alcalde/sa, e en ausencia do mesmo, a persoa na que delegue.

Son funcións do plenario, entre outras, establecer/modificar as normas internas de funcionamento da Mesa de Mobilidade; definir e constituír as comisións de traballo que se consideren; definir os obxectivos xenéricos e específicos da Mesa de Mobilidade; e definir os obxectivos e o plan de traballo das diferentes comisións; amais de elevar os resultados do traballo das comisións e do mesmo plenario aos órganos do Concello para os cales a Mesa da Mobilidade debe ser un órgano asesor.

Aprobación definitiva do PMUS

Por outra banda, tamén sae anunciado no BOP a aprobación da revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel de Ribeira, neste caso con carácter definitivo logo de ser resoltas as alegacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.