
Proseguindo coa tónica dos últimos anos o Concello de Ribeira foi quen de sacar a licitación
un total de 36 actuacións durante o primeiro trimestre do 2022.
Trátase fundamentalmente de obras e servizos, algunhas das cales xa foron executadas ou en marcha e outras están pendentes de comezar. Suman un importe global que supera os 3,2 millóns de
euros.
A maior parte das obras sacadas a contratación teñen que ver coa renovación ou ampliación de servizos (pluviais, saneamentos, abastecemento de auga) ou a mellora de pavimentacións nas diferentes parroquias, así como labores de mantemento e conservación executados por exemplo en lavadoiros de Artes e Olveira. Tamén se inclúen traballos en escolas (como nos colexios do Grupo e Pé do Corniño) e outras para a mellora da seguridade viaria (pasos intelixentes na avenida da Coruña ou a elevación de pasos de peóns na estrada DP-7307 no cruce coas rúas Vionta e Castelao en Aguiño).
Entre os servizos, ademais do de mantemento de espazos públicos por valor de 400.000 euros, destaca a licitación dos servizos de monitorado, masaxe, socorrismo e conserxería nas actividades do
departamento de deportes, así como o mantemento do céspede artificial dos campos de fútbol de Carreira e Oleiros. Tamén cómpre salientar que co propósito de reforzar os traballos da brigada
municipal de desbroces recabáronse os servizos dunha empresa para actuar en dous parroquias: Oleiros e Artes.
Outras administracións
Por outra parte, cómpre recordar que outras administracións licitaron durante este semestre importantes actuacións dentro do noso termo municipal, como a mellora da mobilidade e a accesibilidade na
contorna do porto de Palmeira (748.873,31 euros como orzamento base), a reforma do edificio da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar (1.112.761,38 euros ) ou o derrubo do edificio da antiga
discoteca Hesta Kurba para construír a nova Residencia de Maiores (540.000 euros).
DATA DE ACTUACIÓN PREZO DE LICITACIÓN LICITACIÓN
10/01/2022 Servizos de reparación, mantemento, acondicionamento e mellora de vías e espazos de uso público do Concello de Ribeira 399.999,99 €
12/01/2022 Ampliación red abastecimiento Rúa Celeiráns (Aguiño). 15.932,97 €
25/01/2022 Instalación de rede de pluviais en Rúa Sidreiras e transversal (Ribeira) 100.284,34 €
25/01/2022 Instalación de saneamento e abastecemento no Lugar de Lombas (Palmeira) 206.774,49 €
25/01/2022 Instalación rede de saneamento con pozo de bombeo no Lugar de Muíños (Oleiros) 326.718,74 € 25/01/2022 Instalación rede de saneamento con pozo de bombeo no Lugar de Canabeiro (Oleiros) 134.377,47 €
25/01/2022 Pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na Rúa Luis Pimentel (Aguiño) 98.489,96 €
25/01/2022 Pavimentación, pluviais e saneamento en Rúa da Chouza (Castiñeiras) 59.915,98 €
25/01/2022 Pavimentación da Rúa Rosalía de Castro (desde cruce R/ Marcial do Adalid hasta Cruce R/
Irmandiños) (Ribeira) 217.900,30 €
25/01/2022 Saneamento no Lugar de “A Cucheriza” (Olveira) 102.006,33 €
15/03/2022 Acondicionamento e mellora da praza do Rueiro (Palmeira) 15.932,97 €
17/03/2022 Saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións (Carreira) 154.081,94 €
17/03/2022 Pavimentación, saneamento e abastecemento en Braña do Muro (Aguiño) 133.104,94 €
17/03/2022 Ampliación da rede de abastecemento en Avenida da Paz (Palmeira) 54.598,56 €
17/03/2022 Pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira (Corrubedo) 92.687,79 €
17/03/2022 Pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro
(Aguiño) 189.765,00 €
17/03/2022 Instalación de rede de saneamento e abastecemento no lugar de Sampedro (Palmeira) 130.919,88 €
18/03/2022 Falsos techos segunda planta Colegio Pé Do Corniño (Carreira) 4.426,76 €
24/03/2022 Reparación lavadoiro de Artes 2.964,50 €
25/03/2022 Reparación lavadoiro de Olveira 2.910,95 €
11/04/2022 Canalón trasero y lateral infantil Colegio O grupo 4.426,76 €
14/04/2022 Canalización pluviais Lombas (Palmeira) 4.200,06 €
14/04/2022 Execución de pasos de peóns elevados na estrada DP-7307 no cruce coas rúas Vionta e Castelao 11.325,00 €
15/04/2022 Instalación de canalización para pluviais en Sego (Artes) 2.891,85 €
20/04/2022 Muro de peche nas inmediacións do lugar da Ameixida (Castiñeiras) 19.863,36 €
22/04/2022 Servizo de mantemento dos campos de fútbol de céspede artificial dependentes do Concello de Ribeira (A Trinidade – Oleiros e A Guía – Carreira) 14.520,00 €
25/04/2022 Renovación de CPM e CXBT da Casa Consistorial 16.472,88 €
25/04/2022 Repintado da sinalización horizontal na Avenida do Malecón 5.468,03 €
05/05/2022 Suministro, instalación y puesta en marcha de un sistema de retransmisión y grabación de eventos na Fieiteira 28.275,28 €
16/05/2022 Pavimentción do camiño Touro-Fontán 19.060,00 €
27/05/2022 Servizos de masaxe, socorrismo, conserxería, monitorado de actividades do departamento de
deportes do Concello de Ribeira 471.382,02 €
30/05/2022 Mejora de la seguridad vial en pasos de peatón en la Avenida da Coruña 92.604,78 €
01/06/2022 Desbroce de marxes nos camiños públicos das parroquias de Oleiros e Artes 17.968,50 €
01/06/2022 Arrendamento, mantemento e limpeza de aseos químicos portátiles para instalar nas praias do Concello de Ribeira durante a tempada de verán do ano 2022 28.258,34 €
08/06/2022 Proxecto para a creación da ruta litoral “Ribeira destino litoral sostible: o mar, un patrimonio
visible” 49.803,60 €
13/06/2022 Subministro e instalación de asentos sobre base de formigón realizada pola Brigada de Obras
Municipal 12.148,40 €
total 3.242.462,72 €



