Remata con música, diplomas e agasallos o Xuño da Cultura e das Artes de Ribeira

01 Xullo 2022

O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu na noite deste xoves 30 de xuño o acto de clausura da novena edición do Xuño da Cultura e as Artes, na que se procedeu á entrega de diplomas e un agasallo ao medio centro de entidades que se quixeron implicar nesta programación cuxo obxectivo é mostrar e reivindicar, ao longo dos 30 días do mes, “o traballo que fan a prol da cultura as asociacións, colexios, clubs, comisións de festas, servizos municipais e outras agrupacións do municipio”.

O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa intervención da concelleira de Cultura, María Sampedro, responsábel do departamento encargado de coordinar a planificación da iniciativa. Así mesmo acolleu a actuación da Coral Polifónica Municipal de Ribeira, con catro temas, un ao inicio do evento e tres ao final, antes de dar remate cunha foto de familia de todos os participantes.

Durante a súa intervención, o alcalde expresou a súa confianza en que o ano que vén se poida albergar este mesmo acto no novo Auditorio Municipal que se está construíndo na praza do Centenario.

A continuación tivo lugar na lindeira praza de Teruel a tradicional Noite Meiga por iniciativa da Asociación Riveira Escríbese con Uve, que houbera que postergar hai dúas semanas á causa do mal tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...