O sector pesqueiro español xógase o seu futuro o martes

24 Xullo 2022

Antón Luaces.- O vindeiro martes, 26 de xullo, estarán en vermello as axendas de todos os representantes do sector pesqueiro español. Será así ata que o comisario de Pesca comunitario, Virginijus Sinkevicius, dea por rematada a reunión técnica cos representantes das frotas pesqueiras europeas, os Estados membros con intereses neste eido (España entre eles), as ONG e os científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) para ultimar o “peche” de 87 zonas de pesca ao arrastre e ao palangre de fondo das augas de España, Francia, Portugal e Irlanda.

Este “peche” afectará á actividade de máis de 300 buques de pesca españois, segundo estimacións da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EBFA, en inglés) que preside o galego Iván López.

Como dato importante para Galicia, compre salientar que as frotas de palangre de fondo dos portos de Burela e Celeiro  obteñen nesas zonas cuxo peche se anuncia o 75% das capturas de pescada do pincho.

Estes temas xa foron tratados no “Informe do Sector Pesqueiro Español 2022” elaborado por Cepesca como cada ano. O secretario xeral desta entidade, Javier Garat, advertía días atrás que de seguir así os prezos do gasóleo mariño e as axudas non se produzan, “algunha frota terá que parar”. Garat confía en que Bruxelas  sexa sensible ao estudo socieconómico que presentará España con catos sobre o impacto económico desta medida para a frota e todo o tecido económico arredor dos portos.

Neste informe recóllense datos que España presentará en torno á pegada das artes de fondo, onde se atopan os ecosistemas mariños vulnerables e as zonas a protexer. Tamén se citan  os métodos cartográficos utilizados pola Comisión Europea para determinar as zonas pesqueiras a protexer. É precisamente a Comisión  Europea quen ten a obriga de realizar este tipo de estudo, e non parece -a día de hoxe- que Bruxelas sexa proclive a introducir trocos, como recoñecía días pasados Iván López (EBFA) cando afirmaba que “non estamos para xogos: non creo que o conxunto da proposta se modifique”

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...