Novas tecnolóxicas de Código Cero, 16 de xullo de 2022

16 Xullo 2022
Os seareiros da informática volven darse cita na XGN R Encounter do 7 ao 9 de outubro
A 2022 edición da histórica party informática galega XGN R Encounter celebrarase do 7 ao 9 de outubro, volvendo reunir a profesionais e seareiros da informática e as novas tecnoloxías nunha cita que alcanza xa a súa 22ª edición. O encontro, o maior de Galicia das súas características (unha xuntanza da mocidade para compartiren experiencias e coñecementos arredor das ferramentas dixitais) artellarase nas súas zonas habituais nos dous pavillóns principais da Feira Internacional de Galicia Abanca: a Intranet, orientada a inscritos, permitíndolles desfrutar dun posto con dereito a acampar e a participar en actividades exclusivas, e a Extranet, que ofrecerá un completo programa de propostas tanto para inscritos como para quen visite o recinto.[ler máis]Razer presenta un controlador para streaming
Nos últimos anos Elgato conseguiu que a súa Stream Deck se convertese nun complemento ideal para as retransmisións de vídeo en directo a través das posibilidades que ofrece esta especie de teclado programable, e a marca para gamers Razer lánzase agora a competir con este produto co seu Razer Stream Controller, un dispositivo moito máis completo, que realmente trátase dunha versión remarcada de Loupedeck Live, buscando así chegar a un público máis amplo grazas á reputación de Razer.[ler máis]PlayStation anuncia un novo programa de fidelidade
Os xogadores de consolas PlayStation contarán este ano cun novo programa de fidelidade, PlayStation Stars, que permitirá que os membros poidan gañar premios por completar diferentes campañas e actividades. Nalgúns casos chegará con xogar a un título para recibir un premio, mentres que noutras campañas será preciso gañar torneos, conseguir certos trofeos ou ser o primeiro xogador da zona horaria en conseguir o platino nun título de éxito.[ler máis]










 
· O Concello de Lugo mellora con IA a accesibilidade e a seguridade do Seminario para persoas xordas
· TMNT: Shredder’s Revenge vendeu 1 millón de copias na súa primeira semana
· Presentan o videoxogo deseñado na primeira Residencia Artística de Creación Dixital no Gaiás
· Ineo asesorou a preto de 580 empresas da nosa terra nos seus procesos de dixitalización
· O reprodutor multimedia de Windows 11 poderá copiar música dos nosos CD
· A UDC e o Clúster TIC Galicia presentan este venres 15 o seu Innova Club
· A Cámara da Coruña apoia a candidatura galega á AESIA e propón a Amparo Alonso e Berta Guijarro para o grupo de expertos
· Dixitalizaranse 1,8 millóns de expedientes de arquivos xudiciais de Galicia
· Xenet ofrece fibra e fixo por só 17,90 euros/mes
· Telefónica e a firma galega Spica dixitalizan con éxito o sistema de plenos do Concello de Collado Villalba

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.