En Ribeira espectacular Holi Party na programación do Día do Orgullo que hoxe pechará co tributo a Queen

02 Xullo 2022

O Paseo do Malecón de Ribeira dou cabida na tarde de onte a unha espectacular Holi Party na que moitísimos veciños e veciñas de diferentes idades non dubidaron en acudir vestidas de branco para desfrutar deste espectáculo de orixe hindú na que polvos de cores tinguen as indumentarias dos participantes.
Trártase dunha das iniciativas postas en marcha este ano dende a Concellería de Servizos Sociais e O CIM para celebrar o Día do Orgullo LGTBI. Carlos Torres e Dani DJ foron os encargados de poñer música a un evento no que tamén se puideron ver moitas bandeiras coas cores da arco da vella.
A programación de “Ribeira con Orgullo” iniciada o martes pasado co pregón de Mercedes Barreiro pechará na noite de onte co concerto da prestixiosa banda tributo “Remember Queen” no paseo do
Malecón. O espectáculo dará comezo ás once e media da noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.