Comezan os traballos para mellorar os servizos na Cucheriza, en Lombas e en Agrelo (Ribeira)

11 Xullo 2022

O Concello de Ribeira informou do comezo de tres obras destinadas á mellora dos servizos municipais noutros tantos lugares en diferentes parroquias: concretamente, trátase da dotación de saneamento no lugar da Cucheriza (Olveira), a instalación de saneamento e abastecemento no lugar de Lombas (Palmeira) e a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Agrelo (unha iniciativa que abrangue ás parroquias de Olveira e Oleiros). A execución das tres actuación implican un investimento que alcanza os 410.345 euros.

Na obra da Cucheriza, a empresa adxudicataria e Transmaser Excavaciones, S.L., e supón un investimento de 80.226,33 euros. Segundo o proxecto vaise colocar un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e 956 metros de lonxitude dende a estrada DP-7103, dispoñendo pozos de rexistro cada 40 metros. A infraestrutura conectará coa rede xeral que vai de Artes a Corrubedo.

En canto a actuación prevista en Lombas, está sendo executada por Excavaciones Nima e supón un investimento de 163.138,89 euros, IVE incluído. Para dotar de saneamento ao lugar vaise instalar, unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 578 metros de lonxitude, ademais de 23 pozos de rexistro. A través do colector vanse levar as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se instalará un pozo de bombeo. De aquí as augas impulsaranse outra tubaxe, neste caso de polietileno de alta densidade de 549 metros de longo e 90 milímetros de diámetro, ata a súa conexión coa rede xeral. Para as obras de abastecemento colocarase unha canalización de 500 metros de longo e 75 milímetros de diámetro, xunto con dúas válvulas de comporta, dúas válvulas de baleirado e dúas ventosas.

E no que se refire a Agrelo, a obra recaeu en Construcciones Anspal e comporta un investimento de 166.980 euros. De acordo co proxecto elaborado polos técnicos municipais, o que se persegue é instalar unha rede de saneamento formada en primeiro lugar por unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 1.048 metros de lonxitude, ademais de 31 pozos de rexistro. A través do colector conduciranse as augas feciais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas somerxidas fixas. Dende aquí as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 758 metros de longo e 125 milímetros de diámetro ata a súa conexión á rede xeral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...