Os incendios en Galicia queimaron xa 13.540 hectáreas, unha estimación de carácter provisional ata que se realice a medición final, e, deses lumes, quince son os principais, dous dos cales son os que máis preocupan, os de Carballeda, en Ourense (4.600 hectáreas de superficie afectada) e Folgoso-A Pobra do Brollón, en Lugo (4.500).

Dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Ribeira, Boiro e Arzúa sairon para o Barco de Valdeorras para colaborar nos incendios que afectan este Concello e Comarca. A eles unense unidades doutras cidades como as de A Coruña desde onde partiron medios contraincendios da cidade.

O incendio do Barco de Valdeorras cruzo o río Sil e entra en Rubiá e afecta xa a diversas edificacións en #IFRiodolasCarballedadevaldeorras




