Portos licita por máis de 400.000 euros os traballos para acondicionar as lonxas de Portosín e Porto do Son

20 Xuño 2022

A Xunta, a través de Portos de Galicia, licitou por máis de 400.000 euros os traballos para acondicionar as lonxas de Porto do Son e Portosín. Así o fixo saber a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que visitou este luns 20 de xuño a segunda das vilas, acompañada da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o alcalde Luis Oujo. Quintana dixo que “o investimento conxunto supera os 400.000 euros” e que este tipo de actuacións buscan mellorar as condicións de traballo dos usuarios destas instalacións”.

Neste sentido, a representante do Executivo galego lembrou que os beneficiarios potenciais destas melloras serán os máis de 300 socios que suman as confrarías de Portosín e Porto do Son e as arredor de 150 embarcacións que teñen base nos dous portos, ás que se suman as de outras localidades que venden neles. “Entre os beneficiarios tamén se contan os traballadores das propias lonxas ou os comercializadores ao por maior ou polo miúdo que participan nas súas poxas”, dixo, engadindo que “se trata de dous centros de primeira venda que contan cunha importante actividade e que resistiron ben os anos da pandemia, polo que apostou por seguir investindo na zona para impulsar a súa actividade e xerar emprego e riqueza na súa contorna, así como mellorar a comercialización dos produtos do mar”.

Actuacións

Os traballos na lonxa de Portosín consistirán no acondicionamento do inmóbel e na mellora da súa estanquidade. De feito, renovarase a cuberta substituíndoa por outra de materiais máis modernos e resistentes. Ao mesmo tempo, cambiaranse os canlóns e baixantes, realizarase o pintado e selado das fachadas e pintarase algunha zona interior do edificio, como a zona de oficinas. Todas estas actuacións contan cun orzamento de licitación de preto de 200.000 euros.

No caso de Porto do Son, acondicionarase e mellorarase a estanquidade da lonxa renovando a cuberta, os canlóns e as baixantes ao tempo que se procederá ao selado e pintado da fachada. No interior tamén se pintarán as zonas de oficinas, poxas e os aseos. No inmóbel da confraría, selaranse as fachadas para evitar filtracións de auga e pintarase o interior. Estes traballos contan un orzamento de licitación de 230.000 euros.

Rosa Quintana explicou que a tramitación das dúas actuacións se atopa en fase de presentación de ofertas, un prazo que rematará a comezos de xullo. Posteriormente, unha vez contratadas e iniciadas as obras, o prazo de execución previsto é de catro meses.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.