Oito ingresados por Covid no Hospital da Barbanza e aumentan os hospitalizados

18 Xuño 2022

Os datos do covid ofrecidos este sábado polo Sergas constataron un aumento significativo dos hospitalizados na área sanitaria de Santiago e Barbanza, aínda que as cifras seguen sendo moi inferiores aos picos alcanzados durante a pandemia e, mesmo, dos máximos rexistrados este ano. Son 56 as persoas ingresadas en centros sanitarios, seis máis que na xornada anterior. Unha delas segue na unidade de coidados intensivos, mentres que o resto permanecen en planta, oito no hospital de Barbanza.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.195 deles 2.391 son da área da Coruña, 1.249 da de Lugo, 1.453 da de Ourense, 1.314 da de Pontevedra, 2.358 da área de Vigo, 1.802 da de Santiago e 613 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 10.742 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 617.724 persoas curadas, rexistrándose 3.556 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 14 de xuño:

Muller de 84 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 15 de xuño:

Muller de 84 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Día 16 de xuño:

Home de 90 anos, na área de sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.921.518.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.680.157.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.