O polígono de Xarás mellorará as instalacións de pretratamento de augas

14 Xuño 2022

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a Xunta
vén de confirmar ao Concello de Ribeira a concesión dunha subvención destinada a executar melloras funcionais e de operación nas instalacións de pretratamento de augas residuais do polígono
industrial de Xarás, situadas no Touro.
Neste senso, o proxecto que se vai executar comprende a construción dunha cámara de desarenado previa á estrutura de desbaste e cámara de carga do emisario, así como o recrecido da cuberta para dispoñer dunha maior altura libre (de 8,46 a 9,66 metros) que facilite os labores de mantemento.
Tamén se contemplan actuacións adicionais relativas á adaptación de pasarelas, barandillas, elementos de acceso e conexións de conducións á nova xeometría proxectada para o conxunto da cámara
de carga e pretratamento do emisario.
A subvención concedida pola Xunta ascende a 96.000 para unha actuación orzamentada en 116.112 euros.
O prazo de execución da obra son catro meses, tendo que estar rematada e xustificada antes do vindeiro 31 de outubro segundo as condicións da achega.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...