O PBBI reclama ao concello melloras na rúa da Capela, en Carreira

15 Xuño 2022

O Grupo Municipal Partido Barbanza Independente (PBBI) de Ribeira, a través do seu concelleiro e voceiro Vicente Mariño de Bricio, presentou ao pleno da Corporación municipal unha moción relativa ao estado no que se atopa o pavimento da rúa da Capela, en Carreira, que, segundo sinala a agrupación, é obxectivo de queixas por parte dos veciños da parroquia.

Segundo expresa o grupo, “trátase dun camiño que leva desde o ano 1994 na mesma situación, sendo o único movemento alí efectuado o realizado uns meses antes das eleccións municipais de 2019, cando o Goberno local mandou ao equipo de obras a repor o pavimento deteriorado, unicamente parcheando con asfalto certas fochas”. O PBBI, reflectindo as opinións da veciñanza, opina que estes traballos “non serviron para solucionar o problema, de feito, agravárono aínda máis, xa que o material utilizado levantouse debido a que estaba mal aplicado, constituíndo unha solución rápida que se utiliza moito nesta e outras parroquias, pero que aos veciños non lle beneficia, xa que se aplica cemento por encima de cemento”.

O PBBI lembra que se trata “dunha rúa moi transitada acotío e que actualmente está chea de fochancas e deficiencias estruturais, que provocan que os veciños teñan problemas tanto cos seus vehículos como de accesibilidade na devandita zona”.

En virtude de todo o exposto, o grupo insta o pleno da Corporación municipal de Ribeira á adopción dos seguintes acordos:

-Instar ao Concello de Ribeira a pavimentar con asfalto, ou outro material consistente, todo o ancho do camiño sen saída da denominada rúa da Capela.

-Instar ao Concello de Ribeira a que aplique unha nova capa de asfalto no viario central da rúa, desde o colexio até a igrexa da devandita parroquia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.