O Goberno achegará este verán 4.000 efectivos, dez aeronaves e 31 drons para combater os lumes en Galicia

20 Xuño 2022

O Goberno central achegar este verán 4.000 efectivos, dez aeronaves e 31 vehículos aéreos non tripulados para combater o lume en Galicia. Así o fixo saber o delegado do Goberno, José Miñones, quen debullou os medios persoais e técnicos que achegarán os ministerios de Defensa, do Interior e para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que tamén inclúen axentes de Garda Civil, Policía Nacional e persoal do Exército de Terra (BRILAT, UME) e da Armada (Terzo Norte).

“En calquera caso, o Goberno deseñou unha campaña de ámbito nacional na que a resposta é coordinada e única, de tal forma que se fose necesario, os medios despregados noutras comunidades trasladaríanse a Galicia”, e insistiu en que “non hai límite de medios na resposta do Goberno ante un incendio en Galicia”.

José Miñones participou este luns 20 de xuño na constitución do Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais en Galicia, que permanecerá activo ata o vindeiro mes de setembro. Tras a reunión, insistiu que o “compromiso, cooperación e coordinación son as bases que sentamos un ano máis neste comité para garantir a mellor resposta na loita contra o lume”. Todo, apuntou, “co obxectivo duplo de protexer os recursos forestais de Galicia e a poboación que reside nestas zonas”.

Entre as novidades do dispositivo deste ano, o delegado destacou a incorporación de 30 drons do Exército e da Armada ademais dun vehículo aéreo non tripulado de gran tamaño e características especiais, “un dron PASI, que xa se empregou na misión do exército español en Herat-Afganistán”. Esta unidade non tripulada conta cunha autonomía de voo de ata 48 horas, “é dicir, de dous días ininterrumpidos; voa a 10.000 pés, como un avión, e cun radio de acción de 230 quilómetros”, detallou o delegado.

José Miñones puxo en valor o traballo dos medios estatais na loita contra incendios en Galicia, que, se ben é máis intenso no verán, se estende ao resto do ano. “A semana pasada xa participamos na extinción dos incendios en Ourense”, indicou.

Outros artigos

O sonense Adolfo Enriquez, Trofeo Galeguidade 2025

Madrid acolleu unha nova edición do LVII Capítulo da Orde da Vieira, un evento de referencia para a comunidade galega no exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nesta celebración que cada ano congrega centos de persoas de...

+

Retiran un envase de ácido pícrico de un centro de residuos en Padrón

O Equipo de Desactivación de Explosivos (EDEX) da Garda Civil da Coruña interveu nun centro de xestión de residuos en Padrón para retirar un envase de ácido pícrico, unha substancia potencialmente perigosa debido á súa capacidade explosiva en certas condicións. Garda...

+

“Quen manda aquí?”. Luís Celeiro

Non se sabe. Moitos non saben, nin queren saber, onde está o poder. En Grândola, VilaMorena, segundo o cantar de José Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Aquí e agora,quen manda? E aqueles que mandan, que pretenden? Sería moi interesante que PedroSánchez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...