O Castro de Baroña inicia o verán con recoñecementos e proxectos de mellora

08 Xuño 2022

O Castro de Baroña (Porto do Son) e os seus innumerábeis atractivos paisaxísticos, naturais e patrimoniais volveron estar esta tempada na primeira plana dos medios. Así, por unha banda a praia lindeira de Arealonga foi elixida polos lectores e colaboradores de Viajes National Geographic como o mellor areal dos 25 máis bonitos de España: a única presenza dunha praia galega en toda a clasificación de 25 xoias naturais costeiras, xunto coa da praia de Rodas nas Cíes.

Por outra banda, o Concello anunciou novos investimentos para sacar á luz máis segredos e fitos históricos do Castro de Baroña.

En concreto, veñen de rematar os traballos programados para este 2022 dende o Consistorio para consolidar e acondicionar estruturas. Estes labores, que tamén incluíron tarefas de escavación e de rexistro fotográfico e planimétrico, contaron cunha subvención da Xunta de 15.000 euros. Foron realizados por un equipo de arqueólogos coordinados polo investigador Tito Concheiro. Os traballos de escavación puxeron o foco na área sur do segundo recinto do castro, nun espazo de arredor de 80 metros cadrados. Amais, o Concello anunciou que está preparar xa a seguinte intervención no xacemento de Baroña: un proxecto de 50.000 euros asumidos polo Consistorio que se atopa en fase de redacción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.