O BNG propón accións en defensa das liberdades LGBT

28 Xuño 2022

Coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGBT que se celebra o 28 de xuño, o BNG demanda unha maior implicación por parte do Concello de Ribeira neste ámbito.

O portavoz da formación, Luís Pérez Barral, reclamou do Concello “un compromiso efectivo, real e concreto a favor da diversidade afectiva e sexual das persoas”. Neste sentido, Pérez Barral propón crear un Programa municipal de información e atención ao colectivo LGBT que, entre outras cuestións, teña como prioridade despregar campañas de sensibilización entre a poboación para construír unha sociedade tolerante e inclusiva.

Barral considera que sería un erro pensar que está todo feito, “fica moito por facer e debemos seguir avanzando cara a unha sociedade diversa e plural” por iso a Administración pública debe implicarse en protenciar valores como a tolerancia, o respecto e a liberdade que eviten os casos de discriminación, de acoso ou de medo a visibilizar a condición afectivo-sexual no eido laboral ou deportivo”. Por estas razóns o BNG avoga por actuar desde a sensibilización, a concienciación social e a visibilización dos diferentes modelos afectivos, sexuais e de familias que existen na actualidade.

Con esta iniciativa defenden que desde o ámbito municipal se supla unha carencia existente resultado da década de recortes impostos polo Partido Popular desde a Xunta e que Pérez Barral exemplificou na supresión dos Centro Quérote que prestaban servizos de orientación afectivo-sexual. “Nós cremos que Ribeira é unha vila diversa e desde o goberno débense defender os dereitos sociais e iso pasa tamén por defender, no concreto, con actuacións que recoñezan e protexan as persoas LGBT”, concluíu.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.