Intervidos 136 paquetes de tabaco de contrabando nun establecemento en Aguiño

29 Xuño 2022


Axentes da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Noia, no transcurso dunha inspección a un establecemento da localidade de Aguiño, localizaron 136 paquetes de tabaco carentes das súas correspondentes marcas fiscais.

Así o informou o Instituto Armado, que indicou que a mercadoría foi localizada nun altillo anexo á cociña do local, carente de marcas fiscais. Tras facer reconto #ante a propietaria, a Garda Civil procedeu á aprehensión do tabaco.

Por estes feitos a Benemérita tramitou unha acta denuncia ao artigo 11 da Lei 12/1995 de represión do contrabando, que foi remitida á Dependencia Provincial de Aduanas e Impostos Especiais da Coruña.

Pola súa banda, o tabaco aprehendido foi entregado á empresa encargada da recollida.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.