O caderno n.°7 da colección Episodios Republicanos Barbanzáns, titulado Barbanceses en Mauthausen, presentase na tarde deste venres 10 de xuño no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira e contará entre os asistentes con familiares dalgúns dos barbanceses que estiveron no campo de concentración de Mauthausen.
O campo de concentración e o que supuxo, e a terceira relata como varios barbanceses acabaron alí e faise un repaso pola súa vida. Ofrécese así unha contextualización na que se fala do franquismo, do exilio, do holocausto, etc, para pasar a centrarse nos 14 veciños que estiveron no campo de concentración de Mauthausen. Os seus nomes: José Callón Peón, Manuel Fernández Parada, José García Sobrido, Juan González Pillado, José Millán Martínez, Juan Cameán San Isidro, Francisco Caamaño Fernández, Marcelino Outeiral Ríos, José Naveiro Couso, José Mínguez Castro, Francisco Pena Romero, Juan Rey Lago, Manuel Figueroa Lires e Eduardo Romaní Abeijón.
