“España aposta en Lisboa pola pesca sustentábel e artesanal” – Antón Luaces

30 Xuño 2022

Sen que Galicia conte practicamente a efectos da Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro, esta Rede dispón en España de 102.000 hectáreas protexidas para a rexeneración dos recursos e protección da pesca artesanal. Unha fórmula de éxito que amosa a compatibilidade entre a actividade pesqueira regulada e a mellora do estado biolóxico das poboacións.

A esta Rede referiuse este mércores en Lisboa o ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, que participa no plenario de alto nivel da Conferencia de Nacións Unidas sobre os Océanos, onde afirmou que os ecosistemas mariños están a xogar un papel fundamental na seguridade alimentaria da poboación, ademais de sustentar actividades económicas vitais para a vertebración das nosas sociedades.

A pesca sustentable, dixo o ministro, constitúe un elemento estratéxico para o cumprimento da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, en especial do obxectivo 14 relativo á conservación dos océanos, mares e recursos mariños. E para acadar con éxito estes obxectivos, engadiu, debemos gardar un equilibrio entre os tres piares do desenvolvemento sustentable: o medio ambiental, o económico e o social, algo que, como é ben sabido, en Galicia non se quixo entender. Aquí, a Rede Mariña de Interese Pesqueiro semella non ter coallado tanto no ámbito pesqueiro coma no político (da Xunta). Amais das propias confrarías de pescadores que nunca viron con bos ollos a co-xestión da pesca que se auspiciaba dende o pósito de Lira (Carnota) e que a práctica totalidade dos da Costa da Morte e os das Rías Baixas nunca apoiaron dabondo, algo que tampouco asumiron as federacións de confrarías desta Comunidade Autónoma (agás os pósitos de Cedeira e Burela).

Luis Planas subliñou en Lisboa a necesidade de apostar pola investigación científica para garantir un mar sustentable dos recursos naturais e a conservación dos ecosistemas, porque as decisión que se tomen en materia de xestión pesqueira deben partir do mellor coñecemento científico dispoñible.

Nesta conferencia da ONU sobre os Océanos, Luis Planas amosou a disposición de España a seguir liderando a nivel internacional a loita contra a pesca ilegal -que non é totalmente allea ao sector pesqueiro en Galicia- non declarada e non regulamentada, precisando que o noso país implementou todas as medidas establecidas no Acordo sobre Medidas do Estado Reitor do Porto, considerado o fito máis importante ligado na súa loita contra a pesca ilegal a escala internacional.

Tamén salientou o ministro a importancia de garantir as condicións de emprego digno no sector da pesca reivindicando o duro traballo das mulleres do mar, para o que resulta xusto traballar co obxectivo de garantir a igualdade real de oportunidades.

Tocante a asegurar o cumprimento das metas fixadas para protexer os océanos á maior brevidade posible, o ministro reiterou o compromiso de España coa conservación e o uso sustentable dos mares, a loita contra a pesca ilegal, o impulso da pesca artesanal e a utilización da investigación científica como base para a toma de decisións.

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ata logo Tucho”  – Fernando Sarasketa

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...