En Ribeira exitosa actuación do Grupo Municipal Infantil de Teatro con “Que me vas contar”

07 Xuño 2022

O Grupo Municipal Infantil de Teatro de Ribeira representou con gran éxito na tarde do venres
no Auditorio a función Que me vas contar, obra orixinal de Segundo Durán “Chiki” que estivo codirixida por este e por Óscar Romero.
Ademais da actuación (na que se escenificou un xuízo público ás acusadas de empregar faltas de ortografía nas mensaxes de móbil e redes sociais), diversos sketchs e pequenas pezas audiovisuais
serviron para render tributo ao falecido Daniel Gómez Ramil, e tamén se homenaxeou a Chiki Durán.
Antes de rematar tivo lugar a entrega de diplomas aos pequenos actores e actrices do elenco, poñendo remate ao curso 2021-2022.
A función, que está incluída dentro do Xuño da Cultura e as Artes, contou co apoio e colaboración de Carmen Peña, Nico González Pego, Manuel García e Unai González.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.