Convocada en Ribeira unha bolsa de emprego inclusiva para contratar seis peóns

07 Xuño 2022

O Concello de Ribeira anunciou a través do Boletín Oficial da Provincia o proceso selectivo para a contratación temporal de seis peóns destinados á prestación de servizos básicos municipais, financiada pola Deputación da Coruña a través do programa PEL-Concellos 2022. Para tal efecto, formarase unha bolsa de emprego co obxecto de seleccionar, por concurso-oposición, seis persoas desempregadas en risco de exclusión social para a súa posterior contratación como peóns.

As tarefas a realizar consisten na conservación e mantemento de bens municipais e substitución das deficiencias detectadas en infraestruturas municipais como: arranxos de vías e beirarrúas coa finalidade de mellorar a súa accesibilidade, colocar a nivel as tapas da rede de sumidoiros, reparación de pequenas fochas ou substitucións parciais do pavimento producidos polo uso continuo por parte dos vehículos e pola climatoloxía adversa, limpeza viaria das rúas municipais e limpeza e mantemento das zonas verdes e cunetas, arranxo dos accesos aos núcleos de poboación, mantemento de mobiliario de madeira e calquera outra propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de sete días hábiles contados a partir deste mércores 8 de xuño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...