Bando de A Pobra sobre a celebración do San Xoán na noite do 23 ó 24 de xuño

17 Xuño 2022

Dende o Concello de A Pobra preténdese potenciar e revitalizar a cultura e as tradicións galegas, entre elas unha de grande arraigamento como é a celebración da noite do San Xoán, polo tanto publícase este bando que recolle as normas que regularán as diferentes actividades que se poderán realizar:

Fogueiras nun espazo público

As condicións nas que se poderá empregar o espazo público para a realización das tradicionais fogueiras do San Xoán son:

  1. Establécese como única zona autorizada para a realización das tradicionais fogueiras do San Xoán de maneira LIBRE, sen necesidade de solicitude previa, a praia dos Areos, no tramo que vai dende a rampla ata a zona de duchas, no inicio do paseo dos Areos.
  2. As solicitudes para outros lugares onde se veñen celebrando de maneira tradicional serán atendidas individualmente e autorizadas ou non en función do risco que supoñan e da capacidade do concello para realizar control sobre elas.
  3. Quedan especificamente prohibidas nas praias da Corna, A Illa, A Lombiña, A Barca e Os Raposiños.
  4. Establécense as seguintes condicións para a realización das fogueiras:
    ◦ O horario de inicio da actividade serán as 20:00 horas ou máis tarde, e deberá rematar antes das 03:00 horas.
    ◦ Non se establece un tamaño máximo da fogueira, determinarase en función do espazo no que se realice, garantindo sempre a seguridade das persoas, dos bes inmobles e da vexetación próxima, así como calquera outro elemento susceptible de ser afectado polo lume ou a alta temperatura.
    ◦ O material combustible será de orixe vexetal. Non se poderán utilizar combustibles de orixe inerte (plásticos, gomas, espumas etc. …) nin utilizar acelerantes (gasolina, gasóleo, disolventes…). A madeira que se poida empregar non debe conter restos metálicos, nin de vidro nin de calquera
    outro tipo que poida supoñer un risco ambiental ou non sexa totalmente combustible.
    ◦ As persoas responsables deberán facerse cargo da limpeza e recollida de calquera tipo de residuo. Na praia dos Areos completarase ao día seguinte coa limpeza mecanizada por parte de persoal do Concello.

Fogueiras nun espazo privado

A realización de fogueiras en terreos particulares está permitida pola lexislación vixente durante o día 23 de xuño. Polo tanto o Concello procederá á súa autorización e comunicará ao distrito forestal o seu número e situación. A maioría serán para a queima de restos vexetais. Pero resulta evidente que nesta situación se empregarán en moitos casos para a celebración da noite do San Xoán. As condicións para a realización das tradicionais fogueiras do San Xoán son:

a. As persoas interesadas en realizar unha fogueira deberano solicitar no rexistro xeral do Concello ou no rexistro electrónico desta entidade, antes das 12:00 horas do día 21 de xuño de 2022 .
b. Establécese o horario para o inicio da actividade ás 18:00 horas, e deberán quedar perfectamente apagadas antes das 3:00 horas do día seguinte.
c. A solicitude deberá recoller a seguinte información:
i. Nome, apelidos e DNI da persoa solicitante.
ii. Un correo electrónico e un número de teléfono de contacto.

Pero tamén é necesario cumprir coa normativa que regula a prevención de incendios:
 Queda prohibido realizar lume en solo rústico de protección forestal e de espazos naturais.
 Medidas preventivas:
◦ Previamente ao inicio da fogueira, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica do material combustible nunha franxa de polo menos 5 metros de ancho, rodeando o perímetro que se vai queimar.
◦ Non se prenderá lume preto de masas forestais ou matogueiras (50 metros de distancia mínima) e establecerase unha distancia de seguridade con respecto ás edificacións, ás cablaxes eléctricas, a instalacións de calquera tipo ou vehículos que será proporcional ao tamaño da fogueira.
◦ As fogueiras non poderán superar os 2 metros de altura e non poderán ter un diámetro maior a 2 metros. O material combustible será de orixe vexetal. Non se poderán utilizar combustibles de orixe inerte (plásticos, gomas, espumas etc. …)
nin utilizar acelerantes (gasolina, gasóleo, disolventes…). A madeira que se poida empregar non debe conter restos metálicos, nin de vidro nin de calquera outro tipo que poida supoñer un risco ambiental ou non sexa totalmente combustible.
◦ Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas dificulten o control, especialmente nos días de vento intenso.
◦ Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado. Deberase ter á man medios adecuados para a extinción do lume.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...