A Deputación da Coruña activa o proxecto “Integra o xénero” a prol da diversidade e o respecto

17 Xuño 2022

A deputada de Igualdade, María Muíño, presentou este venres 17 de xuño, acompañada das técnicas Eva Ovenza e Eva Garabal, o inicio do proxecto Integra o Xénero, que ten por obxectivo “crear ferramentas para integrar a perspectiva de xénero e o principio de igualdade dun xeito transversal ás políticas públicas”. Trátase “dun proceso colaborativo e participativo”, no que se involucrará ao persoal da Deputación e dos concellos, que rematará coa elaboración de tres guías a comezos de 2023.

María Muíño definiu como “o gran reto das administracións”, integrar a perspectiva de xénero de xeito real e efectivo nas políticas públicas. Para acadalo, desde o departamento provincial de Igualdade, dixo, “queremos que o proceso sexa participativo e colaborativo para que o resultado permaneza e sexa compartido por todos e todas”.

O proxecto Integra o xénero terá como resultado unha colección de guías coas que se busca dotar ao persoal da Deputación e dos concellos da provincia de ferramentas útiles e de fácil manexo, que conteñan pautas e recomendacións prácticas para a incorporación do principio de igualdade dun xeito transversal. Este proxecto forma parte das medidas de actuación recollidas en Compartimos Plan, o Plan de Igualdade da Deputación da Coruña, en vixencia para o período 2019-2023. A colección, inicialmente, contará con tres títulos: a Guía básica de recomendacións sobre a integración da perspectiva de xénero nas Políticas Públicas; a Guía de apoio ao establecemento de cláusulas de igualdade; e a Guía para a integración da perspectiva de xénero no emprego e na formación.

Segundo indicaron, a novidade deste proxecto radica en que “é a primeira vez en Galiza que se fai unha colección (ata o de agora só se atopan guías individuais) e cada unha delas tratará diferentes eidos de actividade: cultura, deporte, formación, presupostos, subvencións, plans de emprego etc”. Outra das novidades é “o enfoque participativo e adaptado ás necesidades reais tanto do persoal técnico como político das entidades locais e doas entidades asociativas que colaboren no proceso”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...