“Un premio para os que velan pola vida do noso mar”. Antón Luaces

13 Maio 2022

A celebración este venres, 13 de maio, do Día do Biólogo, permitiu ao Colexio Oficial de Biólogos de Galicia recoñecer os case que 30 anos de traxectoria do Insituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) no seu constante labor a prol do control da calidade do medio mariño e técnico-sanitario dos produtos do mar.

O premio Institución do Ano concedido polo colectivo foi recollido pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado, quen agradeceu o galardón ao tempo que salientaba a significación este recoñecemento, un máis, ao labor que realizan a diario todos os profesionais no control do medio mariño da Comunidade galega.

No mesmo acto foi recoñecida asimesmo a traxectoria dos biólogos colexiados  con máis de 25 anos de exercicio,a mellor bióloga/o do ano, a gran empresa e peme de 2022, así como a institución investigadora do exercicio ao tempo que se tributou homenaxe aos membros de honra  do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

O premio entregado ao Intecmar pon en valor o intenso e exhaustivo traballo que realiza o centro no control do medio mariño co obxectivo de permitir o cumprimento das normas  relativas a aspectos como a seguridade alimentaria e a sanidade animal dos moluscos bivalvos, entre outros. Ese valor supón a realización de arredor de 90.000 análises de distinto tipo ao ano, sen ter en conta aqueles outros que veñen dados polas coñecidas mareas roxas e, moito máis prexudiciais e custosas, as mareas negras rexistradas nas augas galegas por graves accidentes marítimos nos que o  labor do Intecmar foi decisivo

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.