O PSOE de Ribeira pide a reparación dun muro na rúa Alcalde Fernández Bermúdez

25 Maio 2022

O grupo socialista de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentou un rogo para ser tratado no vindeiro pleno da Corporación relativo ao estado no que se atopa un solar da rúa Alcalde Fernández Bermúdez, en pleno casco urbano de Santa Uxía, onde existe un muro pertencente a unha antiga edificación que, segundo fai saber o PSOE local, “presenta un grave estado de deterioro e ameaza ademais con derrubarse sobre a beirarrúa, co perigo que isto implica”.

O grupo fai saber que “algunhas das pezas de pedra que formaban ese muro están en próximos a desprenderse, sendo de tamaño considerábel”.

No rogo o PSOE reclama que “por parte de quen corresponda se proceda a corrixir o estado deste muro, dado que supón un perigo potencial para os viandantes e pode orixinar unha desgraza de consecuencias irreparábeis”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...