O profesor Antonio Rial mostrou ás familias do Son os riscos e vantaxes das ferramentas dixitais

31 Maio 2022

A Casa da Cultura de Porto do Son acolleu este 26 de maio unha charla impartida polo profesor da USC e investigador Antonio Rial Boubeta, un dos grandes expertos dos ámbitos galego e estatal en metodoloxías para garantir usos racionais, útiles, seguros e rendíbeis das novas ferramentas dixitais. A sesión divulgativa para as familias Claves para educar @s nos@s fill@s nɑ erɑ dixitɑl (Previr para evitar adiccións) veu da man de CAFI Galicia, a Xunta (Consellería Cultura e Educación) e o Concello de Porto do Son.

O relator defendeu e reivindicou en Porto do Son as vantaxes das novas tecnoloxías para a nenez e a mocidade (para comunicarnos, para informarmos, para traballar, para enriquecernos) pero dende un punto de vista racional, controlado e supervisado.

Antonio Rial Boubeta, doutor e Psicoloxía, é autor dun informe recente de UNICEF, a USC e o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) no que se constata que un de cada catro adolescentes fai un uso problemático de Internet e as redes sociais. Esta investigación, arredor da que xirou parte do relatorio ofrecido en Porto do Son, témola dispoñíbel na páxina web da dita organización humanitaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.