O CEEPR AMICOS, Centro do primer encontro ERASMUS con profesionais da educación de varios países

24 Maio 2022

O Centro de Educación Especial de Amicos foi hoxe o centro do primeiro encontro Erasmus+ no marco do proxecto educativo INC-LEISURE, acrónimo de ‘Espazos non formais participativos para a aprendizaxe escolar inclusivo’. O proxecto ten unha duración de 24 meses no que se espera facer máis encontros internacionais.
O obxectivo do proxecto educativo é proporcionar a todos os profesionais da educación escolar que participan unha experiencia de capacitación, análise e reflexión sobre os espacios non formais de aprendizaxe inclusivo como medio para facilitar a inclusión social na comunidade infantil escolar. Ademais, preténdese facilitar a aprendizaxe de valores e competencias transversais na educación formal, como a integración curricular de novos métodos.
Asistiron representantes de Amicos, así como profesionais da educación na súa rexión. Pilar Sampedro, Responsable do Centro de Atención Integral de Amicos, explicou que “a importancia deste proxecto é seguir compartindo entre os profesionais boas prácticas para a inclusión nos espazos non formais e elaborar materiais e formacións para os profesionais da educación”.
Desde a área de Pekes da asociación xa se leva varios anos traballando co equipo de Badaboom na inclusión dos nenos e nenas a través do xogo na hora de recreo tanto con accións formativas coma práticas. “Na edad escolar é onde temos que seguir traballando e fomentar a inclusión”, engadiu Pilar.
Juan José Sánchez, Presidente Asociación Babilon (Alicante) tamén presente no encontro destacou: “Es alentador ver como se está trabajando para lograr la inclusión”.
Ademais, estiveron presentes Luis Carlos Nóbrega, Director do Agrupamento de Escolas Associação Grão Vasco (Viseu), e Marija Deletic, directora de OURC Dr. Zlatan Sremec (Macedonia) que coincidieron na necesidade de seguir traballando a prol da inclusión.

A acción clave 2, dentro do programa Erasmus+ 2021-2027, está pensada para favorecer a innovación na educación. Busca enriquecer a vida dos estudantes e dos educadores en toda Europa. Neste primer encontro, definíronse as tarefas dos participantes, estableceuse un cronograma e diseñáronse todas as accións que se van levar a cabo.
O proxecto contempla a participación de 300 persoas, entre os tres países socios (eventos, encontros, conferencias, seminarios…). Tamén contempla a creación de catro manuais e guías de recursos para escolas, para a posta en práctica destes métodos para o fomento da inclusión social. Entre os socios espérase chegar a máis de 200 escolas para a transferencia destes contidos.

Outros artigos

Comezaron en Ribeira as obras de mellora do parque Pedra Pateira

O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron este mes de marzo as obras para poñer a punto o parque infantil de Pedra Pateira, no barrio de Bandourrío (Santa Uxía). A actuación contempla unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, novos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...