Licitados en Ribeira os servizos de monitorado das actividades deportivas do Concello

30 Maio 2022

O Concello de Ribeira vén de sacar a contratación os servizos de monitorado das actividades deportivas do municipio, un paquete de servizos que tamén inclúe masaxe, socorrismo, conserxería, asesoramento e dinamización da sala de fitness, dinamización das pistas de pádel e coordinación do monitorado do Departamento Municipal de Deportes. O orzamento base anual de contratación ascende a 471.382,02, IVE incluído, e a duración do contrato é dun ano, pudendo prorrogarse outro máis.

O Concello explicou que os servizos “serán prestados baixo a dirección e supervisión técnica da Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, conforme os detalles especificados no prego de prescricións técnicas que rexerá a contratación”.

Os servizos deportivos comprenden a coordinación, execución, control e avaliación dos programas da oferta municipal, na que a Concellería de Deportes é responsábel en canto ao deseño, planificación e desenvolvemento da mesma.

No que se refire ao servizo de monitorado de actividades dirixidas de auga, a programación tipo que se pretende articular inclúe: cursos de natación para nenos e adultos, cursos de natación para persoas con diversidade funcional, aquagym, natación bebés e natación terapéutica. En canto ao monitorado de actividades dirixidas de sala: bike, pilates, ioga, aerobic, zumba, gap e ximnasia de mantemento de adultos.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 26 de xuño á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...