En Ribeira rouban unha furgoneta de reparto no García Bayón e déixana nas Carolinas

A Policía Local informa de que hoxe ás 7.10 horas recibiu un aviso polo roubo dunha furgoneta de reparto de xornais no parque García Bayón. Logo de que unha patrulla acudise ao lugar, a furgoneta foi localizada no Paseo das Carolinas á altura da rotonda de entrada ao Náutico, aberta e coas chaves postas, sen que se observase ninguén pola zona.
As 8 horas fíxose entrega do vehículo (unha furgoneta Citröen Berlingo) ao dono e máis ao condutor, non faltando aparentemente nada do seu interior nin sufrindo danos materiais.
Barállase a hipótese de que mentres o condutor estaba a repartir os xornais, alguén aproveitou para entrar na furgoneta e levala, xa que tiña as chaves postas.