En Ribeira denunciados dous conductores por superar a taxa máxima de alcohol permitida

15 Maio 2022

Dous condutores foron denunciados na noite pasada pola Policía Local por superar a taxa
máxima de alcohol permitida: nun dos casos dando como consecuencia un presunto delito contra a seguridade viaria e no outro unha infracción adminitrativa.
Así, en torno ás 23.20 horas unha chamada anónima informou de que un vehículo estaba realizando unha condución errática. Acto seguido, unha patrulla foi requerida por un cidadán no casco urbano para
alertar de que apenas facía uns instantes un vehículo ía dando banzados no carril, co seu condutor gritando pola ventanilla. Iníciase a búsqueda do vehículo, que é localizado saíndo pola rotonda de
praza dúas Mariñeiros, dirección Aguiño, desvíase a Praza Pontevedra, onde finalmente dáselle o alto.
No habitáculo de condución aprécianse restos de bebidas alcohólicas e botes de cervexa baleiros, en tanto que o condutor presenta signos evidentes de consumir alcol, balbuceo, contestacións inconsistentes, halitosis alcohólica… As probas de detección alcohólica arroxan un resultado de 0.83 e 0.86 mg/ l, procedendo a facer un atestado por un suposto delito contra a seguridade viaria.
Máis tarde, en torno ás 3.50 horas unha patrulla observa un vehículo sube por zona peonil do Malecón de Ribeira, cara á praza de Compostela, onde estaciona. Debido á manobra realizada dáselle o
alto á condutora, quedando en evidencia neste momento o estado de embriaguez da condutora. Realízase a proba de detección de alcol, lanzando un resultado de 0.53 mg/ l na primeira proba e 0.59 mg/ l de aire expirado na segunda. Tramítase a correspondente denuncia administrativa.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...