Dobre actividade formativa para o alumnado do Tahume VII en Ribeira e Porto do Son

08 Maio 2022

O alumnado do obradoiro Tahume VII celebrará mañá luns unha dobre actividade formativa
para as especialidades de pintura industrial (en Ribeira) e para conservación de montes (en Porto do Son) ofrecida por Ana Olveira Blanco, Técnica da Rede Eusumo e socia cooperativa de Abeluria, consultora da economía social.
Ana Olveira conta cunha dilatada experiencia profesional de máis 14 anos en diferentes postos entre os que destacan tarefas relacionadas coa xestión empresarial e a coordinación de proxectos. Eusumo é
unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á
creación e consolidación de emprego con base na economía social.
A través da Rede Eusumo:
 Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
 Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
 Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.
A actividade efectuarase en dúas sesións (unha para cada especialidade) desta forma:
Especialidade: Pintura industrial en construcción Data: 9.05.2022
Lugar: salón de actos museo Lustres Rivas (Ribeira)
Hora: 9.30-11.30
Especialidade: Act. aux. en cons. e mell. de montes
Data: 9.05.2022
Lugar: Casa da cultura de Xuño (Porto do Son)
Hora: 13.30-15.30

O obradoiro de emprego “TAHUME VII” é un programa mixto de emprego e formacióndirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas, subvencionado polaConsellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Porto do Son xunto co Concello de Ribeira.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.