Confirmadas as penas de prisión para os gardas civís que humillaron a un compañeiro en Noia

31 Maio 2022


O Tribunal Supremo confirmou unha pena de 10 meses de prisión para catro gardas civís que durante proferiron comentarios, humillacións e insultos homófobos a un compañeiro do cuartel de Noia.

O tribunal publicou o fallo que desestima os recursos dos acusados e confirma unha sentenza previa do Tribunal Militar Territorial Cuarto, con sede na Coruña, que os condenou como autores dun delito consumado de abuso de autoridade, en modalidade de acoso profesional e atentado contra a dignidade persoal do traballo, así como por discriminación por orientación sexual.

Así, á parte da pena de 10 meses de cárcere, que inclúe unha atenuación por dilacións indebidas no proceso, o Supremo ratificou a multa de 10.000 euros que deben abonar á vítima en concepto de danos psíquicos e morais. Ademais, o Tribunal emenda a sentenza recorrida para engadir a responsabilidade civil subsidiaria do Estado no pago desta indemnización.

Os feitos probados da sentenza confirmada recollen que entre o ano 2010, cando a vítima chegou ao cuartel de Noia, e o 2014, un cabo primeiro da Garda Civil e outros tres axentes máis veteranos que el, referíanse a el con expresións como “maricón”, ” maripili”, ” fresita” e “a muller do posto”.

Toda esta situación comezou desde o momento en que o home se incorporou ao posto de Noia, en xuño de 2010, e mantivéronse de forma ininterrompida ata que o 30 de novembro de 2014 tivo que ser atendido por unha crise de ansiedade.

Desde esa data, a vítima permanece de baixa para o servizo por razóns médicas, recibindo atención psicolóxica e psiquiátrica, xa que presenta un cadro crónico e complexo de longa duración, diagnosticado como un trastorno mental severo.

Os acusados, entre outros argumentos, recorreron a sentenza do tribunal A Coruña ante o Supremo alegando vulneración do dereito á presunción de inocencia, por estimar que, ao seu xuízo, non había probas suficientes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...