A Comunidade de Montes de Xuño e a Asociación Sartaxas presentan nos bares da parroquia (este domingo) as entrevistas do proxecto que recupera a historia local: “Chanzos de memoria”

25 Setembro 2026

A Comunidade de Montes de Xuño e a Asociación Sartaxas presentarán este domingo 27 de setembro o seu proxecto de recuperación da memoria veciñal Chanzos de memoria, que visibiliza e pon en valor a historia persoal e máis os nomes propios (e os alcumes) de ducias de veciñas e veciños de Xuño (O Son) e a súa contorna.

Producido entre 2026 e 2027, Chanzos de memoria é en palabras das ditas entidades “un arquivo de entrevistas” que foi collendo corpo tralo contacto directo con máis de 40 familias de Xuño, das que aceptaron colaborar finalmente, cos seus testemuños directos, dúas ducias de persoas.

“Son veciñas e veciñas que pola súa idade, entre 104 e 70 anos, atesouran a memoria da parroquia”, explican dende as dúas asociacións, engadindo que o arquivo completo quedará custodiado pola Comunidade de Montes de Xuño, xunto coa Asociación Veciñal Sartaxas, que no futuro desenvolverán varias accións para divulgar o arquivo resultante.

A primeira presentación será este domingo 27 de setembro dende a hora de apertura dos establecementos hostaleiros da parroquia ata as 21.00 horas: establecementos que nas súas televisións emitirán unha versión resumida das entrevistas duns 30 minutos cada unha. Cada bar contará con 4 entrevistas que non se repetirán nos outros bares.

Establecementos colaboradores na presentación

-Bar de Carlos.

Con Luis do Bicho, Alejandro de Barreiro, Sara de Maximiliano e Edelmira de Penella.

-Bar Palmeras.

Pili de Bandín, José e Balbina de Giandón, Manolo do Correo de Dolores de Sieira.

-Bar Mariño.

Con Gelucho, Basilino, Encarnación de Giandón e Antonio da Revolta.

-Cafetería e Restaurante Fraga Balada.

Francisco do Campanario, Catalina de Pinazas, Delfina de Bistipoi e Lela da Escola.

-Bar das Furnas.

Con Delfina e José de Sieira, Isolina de Resúa, Pocholo e Titina de Vilas.

Este día 27 de setembro ás 16.00 e ata as 21.00 horas a Banda de Caamaño percorrerá os bares e tocará algunhas pezas en cada un deles.

Previamente, o sábado 26, farase unha xuntanza ás 17.30 horas na Casa da Cultura de Xuño para falar escoitar ás persoas protagonistas das entrevistas.

O proxecto foi producido pola Asociación de Veciños Sartaxas e a Comunidade de Montes de Xuño e contou cunha subvención da Deputación da Coruña a través do Programa FO203.

O desenvolvemento da iniciativa pódese rastrexar polo miúdo no Facebook da Asociación Sartaxas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.