A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro.
Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e finalmente afectou unha superficie de 57,24 hectáreas, das cales 50,24 corresponden a monte raso e as sete restantes a arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto, de xeito acumulado, 2 técnicos, 34 axentes, 46 brigadas, 29 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 5 avións.




