Ambar celebra o acto de entrega de diplomas do alumnado de operacións básicas de restaurante e bar

24 Setembro 2026

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrou o acto de entrega de diplomas da formación Operacións Básicas de Restaurante e Bar. Ao acto asistiron Aray, Carmen, Diego, Martín C., Martín L., Olaia, Raquel, Rodrigo, Eloy e Fernado, as persoas que cursaron a formación. Tamén estivo presente Pablo Pouso, docente da formación.

Dende Ambar asistiron Milagros Rey (presidenta), Helena Teira (coordinadora xeral), Alicia Romero (coord. administración), Jessica Estévez (coordinadora formacións), Daniel Tojo (orientador laboral).

En representación da Fundación ONCE estiveron presentes Beatriz Gallego Nieto, directora territorial de Inserta Empleo en Galicia, e Isaura Bouzón Calvo, como consultora de emprego e formación en Inserta Empleo, e coordinadora das accións formativas de Manipulación de Alimentos e PRL.

As empresas que acolleron ó alumnado en prácticas e puxeron en valor o seu esforzo e talento: Servicios de hostelería Undecastro SL (Restaurante Parrillada Ourense de Rianxo), Grupo Chicolino (Restaurante Sisal da Pobra do Caramiñal), Fundación Romero Blanco-Monroy (Noia), Hotel Flor de Sal (O Porto do Son), Cafetería Cocoluche (Ribeira), Touliña Gastrobar, La matinal Coffee Boiro e Alquimia Café Gourmet (Boiro).

Tamén acompañaron nesta xornada representantes dos concellos colaboradores e outras entidades como o Concello de Ribeira (María Sampedro, alcaldesa), o Concello de Porto do Son (Carlos Lorenzo, concelleiro de Deportes) ou a Asociación BarbanTEA.

Entre os meses de marzo a setembro o alumnado realizou un total de 380 horas de formación, das cales 168 horas foron de formación práctica en empresas da comarca, adquirindo habilidades teóricas e prácticas cas que mellorar a súa empregabilidade nun sector clave da comarca.

Durante o acto deste mércores compartiuse a experiencia das empresas acolledoras, do alumnado e dos docentes, así coma representantes dos concellos e da Fundación ONCE, que resaltaron “a motivación do alumnado por aprender e acceder a un emprego tan demandado actualmente na hostalería” e puxeron sobre a mesa propostas de mellora para a contratación de persoas con diversidade funcional neste sector, marcado pola estacionalidade.

A entrega de diplomas foi realizada polos representantes dos Concellos de Ribeira e do Porto do Son, Beatriz Gallego de F. ONCE, Pablo Pouso, docente da formación e Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para as Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” Programa FSE+ de Inclusión Social – Ano 2025 – 2026, impulsado pola Fundación ONCE.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.