Alumnos do Colexio Galaxia visitan no Lustres Rivas a exposición de Oswaldo Guayasamín

06 Maio 2022

Alumnado do colexio Galaxia estivo visitando esta mañá no Centro Cultural Lustres Rivas a
exposición “Emocións” que dende o pasado 19 de abril amosa unha colección de vinte litografías de Olwaldo Guayasamín, un dos grandes artistas ecuatorianos do século XX.
Guiados por Alicia Padín, responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, os cativos puideron coñecer os entresixos dunha proposta creativa que busca amosar o amor aos seres
humanos, a empatía cos seus sentimentos e a expresividade dos xestos captados nos gravados que a conforman.
O alumnado realizou a súa particular interpretación a través do obradoiro “Reinterpretando a Guayasamín”. “Emocións” estará exposta ata o 28 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.